Offset e Dixital
¿Offset ou dixital? Depende de se vas a imprimir mil ou un milleiro, se o necesitas para mañá ou podes esperar a pasado...Todo inflúe e unha non quita a outra.
Xa sexan en offset ou dixital, dedicámonos á impresión de revistas, libros, catálogos corporativos... incluíndo sempre a encadernación adecuada.

impresión offset en tamaños sorprendentes
Tradición, prezo e calidade.
Temos o persoal especializado e a maquinaria necesaria para poder acometer traballos de impresión de gran volume, ofrecendo calidade de impresión e prezo axustado, con moitas posibilidades en canto a formatos.

impresión dixital de gran formato
Calidade, rapidez e versatilidade.
Co noso equipo de última xeración podemos ofrecer traballos de moi alta calidade, cores vivas para tiradas curtas, dando un servizo rápido e con formatos banner de ata 90 cm. de longo.
Packaging de pequeno formato
Sorprender, impresionar, seducir ou promocionar… Sexa cal for o obxectivo, o envoltorio dirá moito de ti. Tanto que en Grafinco temos equipos especializados na produción de packaging e kits promocionais, para ofrecer un servizo dirixido a pequenas e medianas empresas que queren potenciar a súa imaxe de marca.

Embalaxe
Queres enviar con garantías e mimando o contido? Preparamos caixas adaptadas ás necesidades do teu envío para que o contido se transporte nas mellores condicións e chegue ao seu destino con toda a seguridade que require sen descoidar a túa imaxe.

Téxtil
Un produto personalizado e único, o teu mellor embaixador! Camisetas, tote-bags ou calquera material téxtil como soporte no que darte a coñecer e facer un agasallo que axude a que a túa marca deixe pegada. Tamén podemos facer roupa de traballo.

Merchandising
Fai un agasallo orixinal e práctico, potenciando a túa marca. Un recordo para que che teñan sempre presente.
Podemos ofrecer múltiples opcións de alta calidade e cuns acabados perfectos.
