En cumprimento do establecido no Art. 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico ( LSSI-CE), infórmase que esta páxina web, con dominio www.grafinco.gal , é titularidade de Gráficas Integrales COGAMI, S.L.U.
A responsable do servizo prestado a través da Web é:
- Gráficas Integrales COGAMI, S.L.U.
- R/ República Checa, 17, Parque Empresarial Costa Vella, 15707, Santiago de Compostela.
- Teléfono: 982 28 44 21
- Enderezo de correo electrónico: grafinco@grafinco.gal
- C.I.F.: B-15.650.831
Inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña, Folio 142, Tomo 2065 da Sección Xeral, Folla C20387, Inscripción 1ª.
TERMOS E CONDICIÓNS
1. PERSOAS USUARIAS: O acceso e/ou uso deste portal de Gráficas Integrales COGAMI, S.L.U. atribúe a condición de PERSOA USUARIA, que acepta, desde o dito acceso e/ou uso, as Condicións Xerais de Uso aquí reflectidas.
2. USO DO PORTAL: www.grafinco.gal proporciona o acceso a multitude de informacións, datos e fotografías (en diante, "os contidos") na internet pertencentes a Gráficas Integrales COGAMI, S.L.U. A PERSOA USUARIA asume a responsabilidade do uso do portal. A PERSOA USUARIA comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos (por exemplo poderían ser servizos de chat, foros de discusión ou grupos de noticias que se cheguen a crear dentro do portal) que Gráficas Integrales COGAMI, S.L.U. ofrece a través do seu portal e con carácter enunciativo pero non limitativo, a non empregalos para (i) incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; (ii) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico-ilegal, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; (iii) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de Gráficas Integrales COGAMI, S.L.U. , dos seus provedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados; (iv) tentar acceder e, no seu caso, utilizar as contas de correo electrónico doutras persoas usuarias e modificar ou manipular as súas mensaxes. Gráficas Integrales COGAMI, S.L.U. resérvase o dereito de retirar todos aqueles comentarios e achegas que vulneren o respecto á dignidade da persoa, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a mocidade ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, non resultasen adecuados para a súa publicación. En calquera caso, Gráficas Integrales COGAMI, S.L.U. non será responsable das opinións vertidas polas persoas usuarias a través dos foros, chats, ou outras ferramentas de participación que se poidan chegar a crear dentro do portal web corporativo, así como nos perfís oficiais de redes sociais de Gráficas Integrales COGAMI, S.L.U.
3. PROTECCIÓN DE DATOS: Gráficas Integrales COGAMI, S.L.U. cumpre coas directrices e obrigacións reguladas no REGULAMENTO (UE) 2016/679 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos e garantía de dereitos dixitais e demais normativa vixente sobre protección de datos en cada momento, e vela por garantir un correcto uso e tratamento dos datos persoais empregados nos seus sistemas de información, así como a súa confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia en todo momento.
4. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL: Gráficas Integrales COGAMI, S.L.U. por si ou como cesionaria, é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial da súa páxina web, así como dos elementos contidos na mesma (a título enunciativo, imaxes, son, audio, vídeo, software ou textos; marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais usados, programas de computador necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso, etc.), titularidade de Gráficas Integrales COGAMI, S.L.U. ou ben das súas licenciantes. Todos os dereitos reservados. En virtude do disposto nos artigos 8 e 32.1, parágrafo segundo, da Lei de Propiedade Intelectual, quedan expresamente prohibidas a reprodución, a distribución e a comunicación pública, incluída a súa modalidade de posta a disposición, da totalidade ou parte dos contidos desta páxina web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización de Gráficas Integrales COGAMI, S.L.U. A PERSOA USUARIA comprométese a respectar os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial titularidade de Gráficas Integrales COGAMI, S.L.U. Poderá visualizar os elementos do portal e mesmo imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu computador ou en calquera outro soporte físico a condición de que sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado. A PERSOA USUARIA deberá absterse de suprimir, alterar, eludir ou manipular calquera dispositivo de protección ou sistema de seguridade que estivese instalado nas páxinas de Gráficas Integrales COGAMI, S.L.U.
5. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE: Gráficas Integrales COGAMI, S.L.U. non se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen ocasionar, a título enunciativo: erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do portal ou a transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, a pesar de adoptar todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.
6. MODIFICACIÓNS: Gráficas Integrales COGAMI, S.L.U. resérvase o dereito de efectuar sen aviso previo as modificacións que considere oportunas no seu portal, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través da mesma como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados no seu portal.
7. LIGAZÓNS: No caso de que en www.grafinco.gal dispuxésense ligazóns ou hipervínculos facía outros sitios da internet, Gráficas Integrales COGAMI, S.L.U. non exercerá ningún tipo de control sobre os devanditos sitios e contidos. En ningún caso Gráficas Integrales COGAMI, S.L.U. asumirá responsabilidade algunha polos contidos dalgunha ligazón pertencente a un sitio web alleo, nin garantirá a dispoñibilidade técnica, calidade, fiabilidade, exactitude, amplitude, veracidade, validez e constitucionalidade de calquera material ou información contida en ningún de devanditos hipervínculos ou outros sitios da internet. Igualmente, a inclusión destas conexións externas non implicará ningún tipo de asociación, fusión ou participación coas entidades conectadas.
8. DEREITO DE EXCLUSIÓN: Gráficas Integrales COGAMI, S.L.U. resérvase o dereito para denegar ou retirar o acceso a portal e/ou os servizos ofrecidos sen necesidade de previo aviso, a instancia propia ou dun terceiro, a aquelas persoas usuarias que incumpran as presentes Condicións Xerais de Uso.
9. XENERALIDADES: Gráficas Integrales COGAMI, S.L.U. perseguirá o incumprimento das presentes condicións, así como calquera utilización indebida do seu portal exercendo todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder en dereito.
10. MODIFICACIÓN DAS PRESENTES CONDICIÓNS E DURACIÓN: Gráficas Integrales COGAMI, S.L.U. poderá modificar en calquera momento as condicións aquí determinadas, sendo debidamente publicadas como aquí aparecen. A vixencia das citadas condicións irá en función da súa exposición e estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.
11. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN: A relación entre Gráficas Integrales COGAMI, S.L.U. e a PERSOA USUARIA rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos Xulgados e tribunais competentes.