Coñécenos

Nós

¿Quenes somos?

Somos unha imprenta situada en Lugo, unha empresa do sector das artes gráficas galego e, tamén, unha iniciativa de economía social. Grafinco é un Centro Especial de Emprego de Iniciativa Social (CEEIS) integrado, xunto con outras empresas, en COGAMI Empresarial, polo que o noso Propósito ten ás persoas con discapacidade, e a súa inclusión laboral, como razón de ser e traballar.

Historia

A nosa historia

Grafinco botou a andar as súas máquinas no ano 2000, ofrecendo solucións adaptadas ás necesidades da súa clientela. Coa nosa actitude e aprendizaxe fomos construíndo unha imprenta especializada en deseño e impresión.

Coa motivación que xera perseguir a mellora continua de procesos, e produtos, e a procura constante da satisfacción da nosa clientela, en Grafinco adquirimos maquinaria cada vez máis competitiva, apostamos por formar e reter persoas con talento e escoitamos activamente á nosa clientela e as súas demandas. 

Cumprindo xa os 25 anos de traxectoria no sector das artes gráficas en Galicia, traballamos con ilusións renovadas e adaptación aos novos tempos. Mostra diso é que o noso taller acolle dende papelería administrativa (talonarios, carpetas, sobres, ou tarxetas), pasando por libros, revistas, axendas ou calendarios, ata packaging de pequeno formato, embalaxe de cartón e unha nova sección de marcaxe téxtil e merchandising.

A nosa historia, como a da nosa clientela, imprímese cada día, aspirando a continuar enchendo páxinas repletas de oportunidades e éxitos colectivos.

Talentos

Calidad garantizada

Mesa de impresión en plano

A través desta máquina podemos ofrecer o servizo de impresión con tintas base auga en CMYK de superficies porosas como o cartón, a madeira ou outros materiais, cunha boa resolución e a toda cor.

Permítenos meter pranchas cunha anchura de 110 cm., e una anchura de impresión de ata 84 cm.

É axeitada para tiradas pequenas e medianas, ideal para a liña de negocio de embalaxe.

mesa de impresión en plano

Impresora dixital Konica Minolta 12000e

Impresora dixital de última xeración cuns altísimos estándares de calidade e gran capacidade de produción. 

Permítenos a posibilidade de realizar traballos de ata 90 cm. de largo impresos por ambas as dúas caras. 

Está pensada para tiradas pequenas e medianas de libros, revistas, impresións con dato variable, packaging, etc.

impresora dixital

Laminadora Uniter

Brindamos a opción de laminar en brillo ou mate con diversos acabados e ata un formato de 50 x 70 cm., incrementando o valor dos nosos produtos. 

Esta técnica é moi empregada en cubertas de libros, libertas, axendas e packaging de pequeno formato, dándolle unha mellor aparencia e durabilidade.

laminadora uniter

Mesa de corte l-Hecho

Esta máquina permite ofrecer troquelados para a realización de diversos produtos: etiquetas adhesivas, estoxaría, felicitacións, elementos visuais para o sector da alimentación. 

Moi recomendable para ofrecer á clientela unha maqueta previa a unha produción masiva.

mesa de corte

Pegadora de caixas Uniter

Ofrecemos o servizo de estoxaría, tanto lineal como de fondo automático, así como de faixas, carpetas e calendarios de sobremesa, cun gran aforro de tempos de manipulado.

pegadora de caixas

Compromisos

Coas persoas

O noso compromiso social é inequívoco e ten ás persoas no centro, entendendo a sostibilidade social desde unha óptica xusta e inclusiva, na que continuemos fomentando o emprego para as persoas con discapacidade, como empresa da Economía Social de Galicia.

O 93% das persoas que traballan en Grafinco teñen algunha discapacidade, unha mostra de que apostamos polo deseño de compromisos, traballamos na impresión de oportunidades e encaixamos talentos, sempre desde a posta en valor da diversidade social e o fomento das capacidades profesionais.

Compartimos Propósito coa rede de empresas que integramos COGAMI Empresarial e traballamos arreo para, entre todas, contribuír á construción dunha sociedade máis inclusiva.

historia

Coa contorna

En Grafinco sabemos que o noso compromiso social debe ir da man dun compromiso ambiental dirixido a coidar da nosa contorna e reducir o impacto ecolóxico da nosa actividade. Este compromiso alíñase coa Política de Sostibilidade Ambiental de COGAMI Empresarial e xira arredor de tres eixos de actuación:

certificacion

As nosas certificacións

Eixos de actuación